Celta de Vigo.

Celta 2 - Sevilla At. 0

Cuarta victoria consecutiva

Noticias - Primeiro equipo


O Celta de Vigo saiu victorioso de Balaídos despois de vencer por dous goles a cero ao filial do Sevilla, nun mal partido dos locais resolto nos derradeiros dez minutos, para ledicia do celtismo, que ve como o seu equipo acada a súa cuarta victoria consecutiva e se pon a tiro dos postos de ascenso. [crónica enteira despois do salto]

[Táboa de resultados]
· [Clasificación]

 

Pepe Murcia introducía tres trocos no once inicial para este partido. O primeiro: o que lle devolvía a titularidade a Peña, que volvía despois de cumplir sanción. O segundo: o obrigado pola baixa de David, neste caso foi Maris quen cubriu o seu posto. E o terceiro: a entrada de Oubiña no once titular, en detrimento de Michu. O partido comezaba cun Celta moi adiantado, pero atascado na creación do xogo, en parte por mor do traballo de presión do Sevilla, quen mareaba o balón en raso sen que os celestes fosen quen de evitalo.
 

Non semellaba un partido fácil, e unha desafortunada xogada na que Dinei mancaba as costas ía facer máis complicada aínda a tarefa de acadar os tres puntos. Sen os dous principais artilleiros, Pepe Murcia deulle entrada a Ghilas para suplir ao brasileiro, mantendo o 4-4-2, unha decisión se cadra pouco atinada tendo en conta a aposta futbolística do filial do Sevilla. Cunha presión que afogaba as bandas do Celta, o único recurso que quedaba para manter o esquema era o dos balóns longos aos dianteiros, pero cando os de arriba non destacan precisamente pola súa envergadura, o xogo do equipo convértese nun cúmulo de despropósitos.
 

Nin sequera polo medio, onde Oubiña amosou estar falto de ritmo e Rosada centrouse sobre todo en tarefas defensivas. O Celta amosouse especialmente sólido en defensa -malia que recibiu un par de sustos en forma de perigosos disparos do Sevilla Atlético-, pero non soubo crear ocasións de gol e a única luz semellaba atoparse na banda dereita, onde se atopaba Dani Abalo, que correu, loitou, e desbordou máis que ninguén. No segundo tempo, unha gran xogada súa deulle un balón en boca de gol a Maris, quen erraba a porta baleira o que parecía imposible. Os minutos pasaban e o Celta topaba unha e outra vez coa súa propia incapacidade. Houbo que agardar ata o minuto 81 para que o técnico dese entrada a Trashorras, quen, no seu primeiro balón da noite, lle daría unha fantástica asistencia a Michu que perforaba a escadra rival dun testarazo. A afeción viuse arriba e cun Sevilla Atlético máis aberto e sobre todo, agotado, habería tempo para o segundo nunha contra que remataría Ghilas á rede. Festa en Balaídos non polo xogo, senon porque a pesar deste, estamos máis preto da cabeza.


 

FICHA TÉCNICA:

 

CELTA: Notario, Edu Moya, Rubén, Peña, Roberto Lago, Dani Abalo, Oubiña (Michu, min.69), Rosada, Óscar Díaz (Trashorras, min.80), Maris e Dinei (Ghilas, min.12).

 

SEVILLA AT.: Ruyales, Víctor Díaz, Valiente, Redondo, Gallardo, Mohammed (Pukki, min.77) Cordero, De la Bella, José Carlos José Carlos, min.84), Barranco (Fernando, min.86) e Perotti.

 

GOLES: 1-0, min.81: Michu cabecea de forma maxistral un lanzamento de falta de Trashorras; 2-0, min.89: Ghilas bate a Ruyales tras un bo amago no interior da área.

 

ÁRBITRO: Pérez Riverol, do comité tinerfeño, auxiliado por Zancada Lobato e Vázquez Fernández. Amonestou a Dani Abalo, Maris, Gallardo, Cordero e José Carlos.

 

CAMPO: Balaídos, 6.663 espectadores.

 

 

Comenta o partido:
Vota aos mellores:

 

 

 

Primer Equipo

[24ª] Celta 1 - Levante 4

139 Lecturas

Celta: Rubén Blanco; Hugo Mallo, Araujo, Hoedt, Juncà; Jozabed (Lobotka, min 46), Okay Yokus...

[23ª] Getafe 3 - Celta 1

234 Lecturas

Getafe: David Soria; Damián, Cabrera, Djené, Olivera; Samu Sáiz (Portillo, min 70), Maksimo...

[21ª] Valladolid 3 - Celta 3

272 Lecturas

Real Valladolid: Masip; Antoñito, Kiko Olivas, Calero, Nacho; Keko (Borja, min 82), Alcaraz, M...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería