Celta de Vigo.

Operación, quero ser accionista do Celta !!!

Comunidade - Comunidade delcelta.com

Operación, quero ser accionista do Celta !!!

alt

 

Sodes moitos os que nos preguntastes moitas veces onde se poden comprar "accións do Celta" e como xa vos dixemos outras tantas veces nin están á venda nin se sabe cando haberá unha ampliación de capital por parte do club.
Neste momento a única opción é que algún accionista venda as súas e foi por isto polo que dende a peña "siareiros.net" puxémonos a buscar algún accionista do Celta que quixese vender as súas accións e finalmente atopámolo e negociamos o precio sempre e cando cheguemos a unha cantidade.

¿Para qué quero ter accións?
A moitos nos fai ilusión ter en propiedade un anaco do Celta e doutra banda nas campañas de abonados dos últimos anos só por ter 1 acción do Celta en propiedade tes un desconto á hora de sacar o teu abono, e logo xa con 7 accións en propiedade podes tamén acudir ás xuntas de accionistas do Celta.

¿Poden ter accións as peñas?
Moitas peñas do noso equipo teñen un paquete de accións ao nome da peña que as compraron no seu momento para axudar ao Celta, agora mesmo utilízanas para poder asistir membros da directiva da peña ás xuntas de accionistas.

¿Canto custan as accións?
Os que teñen accións do Celta pagáronas no seu día a 60 euros cada unha, pero a día de hoxe e tras todo o tema consursal, o seu valor nominal debe andar por uns 10 euros. Pero todo isto é moi relativo, o noso presi Carlos Mouriño acaba de comprarlle todas as accións que tiña "Abanca" no Celta e pagoullas a 60 euros cada unha (total 5,5 MM de euros). Polo que o precio da acción é perfectamente negociable.
Nós chegamos a un acordo para compralas a 30 euros coa condición de chegar a comprar 500 accións entre todos. [ >>> ler + ]


¿Quen nos vende as accións?
Nós atopamos ao ex-xogador do Celta, Fernando Sales, que quere recuperar o diñeiro que ten en accións e tras negociar que podíamos comprarlle un bo paquete, chegamos a un acordo (30 euros c/u se chegamos a 500). Consideramos importante aclarar que nós só estamos facendo o traballo de "poñer en contacto" a comprador e vendedor, as accións as comprarédes e pagaredes directamente ao accionista que as vende, nos non levamos ningún tipo de beneficio económico.

¿Quen pode comprar?
Calquera que nos mande os datos que pedimos (particular ou peña). Consideramos importante comentar que o comprador ten que asistir persoalmente á compra (co DNI e o diñeiro :-P) que será na oficina do abogado do xogador en Vigo. Para comprar accións a nome doutra persoa é necesario facer "poder notarial".
Para a xente que viva lonxe de Vigo e non teña facilidade para vir por aquí nos próximos días, sempre poderá buscar a unha terceira persoa de confianza na nosa cidade ou arredores que llas compre a nome desa tercera persoa e xa terá tempo máis adiante de facer as xestións no club para cambiar o nome do titular das accións.

Vale pois se quero comprar accións ¿qué teño que facer?
Mandade un correo (último día, o martes 25 de novembro ás 17:00) a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla co asunto "Mercar accións" indicando o nº de accións que queres e os teus datos que teñen que ser todos estos:
nome/apelidos/dni/calle,nº,piso,cp,cidade/móvil_de_contacto/email_de_contacto
Logo xa nos poñeremos en contacto por email para facer a reunión da compra/venta.

Vai ser moi importante estar moi pendente todos os días do email (e a carpeta de SPAM :-P) para decatarche das informacións que mandemos, non podemos andar a chamar a xente por teléfono (non temos tempo nin cartos :-P)
Dende a peña "siareiros.net" estamos a facer este traballo vocacional porque consideramos moi interesante que as accións do Celta estean nas máns do celtismo.

 

Un saúdo,
siareiros.net

Primer Equipo

Benvido Iago!

1993 Lecturas

Celta 3 - Espanyol 2

1497 Lecturas

Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Jonny, Augusto, Krohn-Dehli (Sergi Gómez, min.83), Santi Mina (B...

Valencia 1 - Celta 1

1469 Lecturas

Valencia.: Alves, Barragán, Mustafi (Negredo, min.69), Otamendi, Gayá, Parejo, Javi Fuego, André ...

Celta B

C. Leonesa 2 - Celta B 0

1922 Lecturas

Cultural Leonesa: Diego Calzado, Iván González, Pérez, Santi Santos, Villarejo, Rubén Garcí...

Avilés 2 - Celta B 1

1940 Lecturas

...

Xogador temporada

Orellana, o mellor da 2011/12

7331 Lecturas

Segundo as votacións dos foreiros de delcelta.com o mellor xogador da temporada rematada foi o chil...

Opinión

Galería