Celta de Vigo.

Celta 1 - Castellón 2

Dura derrota en Balaídos

Noticias - Primeiro equipo


O Celta perdeu este domingo a oportunidade de manterse no pelotón de arriba despois dunha derrota contundente ante o Castellón, un rival directo, maquillada na prolongación cun penalti transformado por Trashorras. Os celestes amosaron as súas miserias nun partido que espertou pantasmas da temporada pasada, e non souberon erguerse despois do primeiro golpe dun equipo visitante moi sólido en defensa. [+]

 

O protagonista da mañá era Pepe Murcia, quen a pesar das súas declaracións o longo da pasada semana, finalmente sentaba no banco a Juan Manuel Peña para ledicia de Noguerol e, probablemente, de moitos afecionados. Non ía ser o único xesto que tería de cara á afeción, pois tamén decidía darlle o brazalete de capitán a Borja Oubiña, aínda que fose máis por estética que por outra cousa. Se ben Roberto Lago entraba na convocatoria, o seu posto sería novamente ocupado por Fajardo. Polo demáis, Murcia repetía o seu "once tipo", coa salvedade da entrada de Jonathan Vila no sitio de Rosada, sancionado.
 

O partido comezou cun Celta volcado en ataque, ben colocado, combinando e sen pasar apuros. Murcia buscaba en Oubiña ao seu "De la Peña" particular, dándolle ao galego liberdade para a distribución, como lla deu a semana anterior para golpear a balón parado. O cordobés quere borrarlle a Borja traumas herdados dunha época na que Fernando Vázquez o mimaba e liberaba de responsabilidades para as que era válido. Funcionoulle por momentos, pero o partido complicouse demasiado cedo. No primeiro ataque con perigo dos levantinos, un pase da morte ben aproveitado ía poñe-lo 0-1 no marcador, e o Celta ía sofrer unha metamorfose no seu xogo, estragando todos e cada un dos ataques demasiado lonxe da área rival. Por se quedase algún resquicio de posibilidade de empata-lo partido, preto do descanso, Notario cometería un penalti inocente que transformaría Mario Rosas para o Castellón.
 

Na segunda parte, o guión foi semellante. Dinei estaba anulado no xogo aéreo por dous centrais máis altos ca el, David estaba perdido, as bandas apenas existían e polo centro as aportacións ao ataque eran case que nulas, cun Jonathan Vila desaparecido en combate. Por se fose pouco, as improductivas subidas de Fajardo polo flanco esquerdo convertíanse en perigosos contragolpes dos visitantes que comezaban a desesperar ao resto da defensa celeste. Rubén estaba sendo de longo o mellor dos locais. Pepe Murcia reaccionou en poucos minutos. No 55 de partido metía a Trashorras e Ghilas para desatasca-lo encontro, e se ben mellorou a cara do Celta, non foi nin moito menos a revolución agardada. 
 

Tampouco habería sorte. Unha balón botado por Trashorras bateu no longueiro, e puideron existir dous penalties na área visitante, máis claro o nunha entrada do porteiro sobre Dinei, pero o árbitro desta volta decidiu mirar cara outro lado. A un cuarto de hora do final Murcia daba o empurrón definitivo metendo a Maris por Fajardo. O letón sería o xogador máis perigoso dos locais, con moi boas internadas dende a banda esquerda, pero os seus pases non atopaban rematador, e o gol que marcaba no tramo final sería anulado por fóra de xogo. Finalmente acabaría chegando no minuto 93, de penalti transformado por Trashorras tras unha lamentable discusión entre os atacantes do Celta cando xa non servía para nada.

 

FICHA TÉCNICA:

 

CELTA: Notario, Edu Moya, Rubén, Noguerol, Fajardo (Maris, min.77), Dani Abalo, Oubiña, Jonathan Vila (Trashorras, min.55), Óscar Díaz (Ghilas, min.55), David e Dinei.

 

CASTELLÓN: Carlos Sánchez, Rafita, Baigorri, Mora, Dealbert, López Garai, Mario Rosas, Arana (Pedro, min.74), Uranga, Mantecón (Dani Pendín), min.69) e Ulloa (Nsue, min.86)

 

GOLES: 0-1, min.24: Arana bate a Notario cun lanzamento axustado ao pau esquerdo; 0-2, min.42: Mario Rosas, de penalti; 1-2, min.93: Trashorras, de penalti

 

ÁRBITRO: Mario Melero López, do comité andaluz, auxiliado por Pelegrín Pérez e Canelo Prieto. Amonestou a Notario, Rubén, Oubiña, Mantecón, Rafita e Baigorri.

 

CAMPO: Balaídos, 6259 espectadores.

 

 

Comenta o partido:
Vota aos mellores:
Segue a clasificación:

 

 

 

 

 

 

 

Primer Equipo

[24ª] Celta 1 - Levante 4

141 Lecturas

Celta: Rubén Blanco; Hugo Mallo, Araujo, Hoedt, Juncà; Jozabed (Lobotka, min 46), Okay Yokus...

[23ª] Getafe 3 - Celta 1

234 Lecturas

Getafe: David Soria; Damián, Cabrera, Djené, Olivera; Samu Sáiz (Portillo, min 70), Maksimo...

[21ª] Valladolid 3 - Celta 3

272 Lecturas

Real Valladolid: Masip; Antoñito, Kiko Olivas, Calero, Nacho; Keko (Borja, min 82), Alcaraz, M...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería