Celta de Vigo.

FdP: Cosas veredes...

Opinión - Opinión

O noso paso pola segunda división está a facer mella na fidelidade da afección e no sentimento celtista e, ende mal, o movemento peñista non podía ser excepción e está a ser cómplice de facer leña da árbore caída. Hai unha premisa no mundo futbolístico á que non escapamos os celtistas: o apoio ó club é proporcional á marcha deportiva do equipo, e fago fincapé na palabra deportiva. Preocupan pouco os enormes números vermellos que arrastra a entidade, o interese pola busca da reflotación económica é meramente anecdótico, e nin falar dos despilfarros en etapas anteriores.


Mouriño diríxese ás peñas acompañado de Chaves, Rosendo, Begoña Vázquez e Gudelj


[+ máis]

O sábado antes do partido Celta-Sevilla At. estaban citados no Museo, como xa é habitual unha vez ó ano, os presidentes e representantes das peñas para reunirse con Carlos Mouriño. Non perderon a ocasión os que dende hai tempo piden a cabeza do presidente, eses que o derrocamento de Mouriño convertiuse na súa particular cruzada e que se manifestan abertamente afíns á Horacio Gómez. Non andou polas ramas o presidente e despachou airosamente as acusacións e reprobacións recibidas e convidou a todo aquel que queira, por se a alguén lle queda algunha dúbida, a revisar as contas do club.

Pero os males da desunión das peñas non é de agora. A actual situación é o resultado da suma dos desvaríos e desavíos duns e doutros, senón recórdese o ‘ultimatum fóra Vázquez’ en praza España, as sinaturas de ‘Gustavo quédate’, os berros de ‘Mouriño dimisión’, a sentada fronte a bancada de Tribuna a primavera pasada, e todo misturado cun pésimo resultado deportivo. A unión entre celtistas, esencia principal da FdP, está en paradeiro descoñecido. Pero non se desanimen que o problema ten remedio, un santo remedio que se chama ‘ascenso’. De acadarse moitos calarán a boca, outros seguirán falando ata debaixo da auga para non perder protagonismo e algúns ata se apuntarán o éxito como propio… e aínda teremos que escoitar: "xa cho dicía eu".

Cosas veredes...

 

 

Primer Equipo

[37ª] R.Madrid - Celta

247 Lecturas

 ...

[36ª] Celta 1 - Deportivo 1

354 Lecturas

  CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass (Roncaglia, min.89)...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería