Celta de Vigo.

CONVOCATORIA AO CELTISMO

#NonNosRendemos

Noticias - Primeiro equipo



Di o refraneiro popular que cando un se cae sempre está obrigado a erguerse. En Vigo, cidade esixente por natureza, fixemos dese dito o noso particular lema. Noventa anos de historia nos que o sufrimento e as bágoas de angustia eran os nosos compañeiros de viaxe. Claro que de cando en vez adornados por un sorriso, pero o certo é que o noso sempre foi a loita contra todo tipo de tempestades para intentar obter, todo mes de xuño, unha permanencia, unha promoción ou, se as cousas non ían de todo mal, un lugar en Europa. Pero sempre loitando ata o final, sabendo que ninguén ía dar nada por nós e erguéndonos cada vez que tropezabamos. Así somos e así seremos sempre.

A oito partidos do final, a situación é límite. Non hai marxe de erro. Pero #NonNosRendemos. E vós, celtistas, xogades agora un papel fundamental. Vós sodes agora os protagonistas. O voso alento e o voso ánimo é necesario e obrigado para un equipo que o luns afronta a súa primeira final a vida ou morte.

Polo tanto, e porque #NonNosRendemos, querémosvos convocar o próximo domingo a partir das 11 da mañá na MADROA. Alí o Celta fará o último adestramento antes do choque ante o Mallorca.

A vosa presenza é fundamental para que o equipo note que non está só, que conta con todo o apoio.

#NonNosRendemos

Convocan:

MEDIOS
NoticiasCelta.com | MoiCeleste.com | El Fútbol es Celeste | MeuCelta.com | DelCelta.com

PEÑAS
Arribada Celeste | Irmandiños | Siareiros.net | Preferencia Celeste | Morriña Celeste | Centolos Celestes | Peña SuperMario Celeste | Peña Lío en Río | Peña Jorge Otero | Celtílikos | Comando Celta | Siareiros Dezaos | Merlegos Celestes | Canteira Celtista

Primer Equipo

[15ª] Vilarreal 2 - Celta 3

39 Lecturas

Vilarreal: Asenjo; Mario, Álvaro, Víctor Ruiz, Pedraza (Funes Mori min.91); Cazorla, Triguero...

[11ª] Betis 3 - Celta 3

268 Lecturas

Betis: Pau López, Francis (Joaquin, min.80), Mandi, Bartra, Sidnei, Junior; Willliam, Guardado, ...

[8ª] Sevilla 2 - Celta 1

263 Lecturas

Sevilla: Vaclik; Carriço, Kjaer, Sergi Gómez; Navas, Sarabia, Banega (Mesa, min.90), Mudo Vá...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería