Celta de Vigo.

As Palmas 2 - Celta 0

Benvido, Borja

Noticias - Primeiro equipo

O visto esta tarde sobre o céspede do estadio de Gran Canaria foi a peor actuación, e xa van moitas, da presente temporada. Este concerto desafinado comezou cun penalti por mans do central Rubén que semellaba querer emular ó porteiro Notario, unha acción infantil ós 19 minutos que nos poñía en desvantaxe no marcador. Chegando case que ó descanso é Edu Moya, quen sen pensalo, comete unha dura entrada sobre o ex-céltico Jorge Larena que lle valeu que o colexiado lle amosase o camiño dos vestiarios. Albiscábase moi negro o panorama para a segunda metade, e máis aínda despois de sorprendernos o técnico andaluz co troco realizado: saía Abalo por Ghilas.

Na segunda parte o Celta seguíu sen meterse no encontro e Pepe Murcia non soubo mover as pezas adecuadas para que, polo menos, se intentase algún asalto á portería contraria que só se viu amenazada nun disparo de Rosada ó longueiro.

O único feito positivo salientable do partido é o retorno ós terreos de xogo de Borja Oubiña. O mediocampista celeste, que voltaba a disputar un partido despois de catorce meses de dura recuperación, saíu nos últimos lances do choque cando o Celta pedía a hora para rematar coa agonía que mostrou ó longo de todo o encontro.

Benvido Borja!

 

FICHA TÉCNICA

AS PALMAS: Santamaría, David García, López Ramos, Juanpa, Dani López, Nauzet (David González, min.65), Miguel García, Jorge (Siro Darino, min.68), Sergio (Saúl, min.78), Pablo y Márquez.

CELTA: Notario, Edu Moya, Rubén, Peña, Fajardo, Rosada, Michu (David, min.74) Óscar Díaz, Trashorras (Borja Oubiña, min.86), Ghilas (Dani Abalo, min.46) y Dinei.


GOLES: 1-0, min.18: Marcos Márquez de penalti; 2-0, min. 80: Saúl marca á saída dun córner.
ÁRBITRO: José Luis González González, do comité de Castela-León. Expulsou a Edu Moya (min.42) e amonestou a Rubén, Peña, Notario, Dani Abalo, López Ramos, Marcos Márquez, Miguel García.
CAMPO: Estadio Gran Canaria, 11.000 espectadores.

 

 

Primer Equipo

[8ª] Sevilla 2 - Celta 1

68 Lecturas

Sevilla: Vaclik; Carriço, Kjaer, Sergi Gómez; Navas, Sarabia, Banega (Mesa, min.90), Mudo Vá...

[5ª] Celta 3 - Valladolid 3

112 Lecturas

CELTA: Sergio, Roncaglia, Costas, Araujo, Juncà (Júnior, min.59), Okay, Brais Méndez (Beltrán...

[4ª] Girona 3 - Celta 2

111 Lecturas

Girona: Bono, Pedro Porro, Bernardo, Alcalá, Juanpe, Aday (Munisea, min.84),  Douglas Luiz, Gra...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería