Celta de Vigo.

Mario Bermejo, o primeiro en chegar

O Real Club Celta xa traballa con ilusión e intensidade na confección do seu persoal para a próxima tempada, que xa conta cun novo futbolista. O club pechou a contratación dun dianteiro con experiencia e gran capacidade goleadora, Mario Bermejo, quen será presentado mañá ás 11.00 horas na sala de prensa do Estadio de Balaídos.

Mario Bermejo (Santander, 7 de outubro de 1978) converteuse no primeiro reforzo do Real Club Celta para a ilusionante tempada 2011/2012. O dianteiro procede do Xerez, equipo no que xogou as tres últimas campañas e no que anotou 32 goles, oito deles o pasado ano nun total de 33 partidos e doce na anterior campaña, en Primeira División.

O futbolista será presentado mañá, mércores, ás 11.00 horas na sala de prensa do Estadio de Balaídos, ao que a afección poderá acceder pola porta 1 da bancada de Tribuna para presenciar a habitual sesión de fotos coa equipaxe celeste.



Fonte: celtavigo.net
 

Primer Equipo

[19ª] Levante 0 - Celta 1

74 Lecturas

Levante UD: Oier, Luna, Rober, Postigo, Coke, Doukouré (Bardhi, min.84), Lerma, Campaña (Jason,...

Celta B

21ª | Celta B 2 - G. Segoviana 2

74 Lecturas

CELTA: Jero, Riki, Ros, Robert, Pampín, Rai, Dani Molina, Juan Hernández, Drazic, Agus, Dennis (...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería