Celta de Vigo.

Arranca a temporada 2010/11

celtavigo.net O primeiro equipo do Real Club Celta comezará o luns 19 a pretemporada coas pertinentes probas médicas e unha dobre sesión de adestramento. Un terzo do persoal acudirá ao Hospital de Fátima para someterse aos habituais controis e o resto exercitarase nas instalacións da Madroa ás ordes de Paco Herrera a partir das 9.30 horas. [ + ]


O ilusionante Real Club Celta da tempada 2010/2011 arrinca este luns cunha dobre sesión de traballo na Madroa, ás 9.30 e ás 18.30 horas, e o habitual exame médico de pretemporada. Os xogadores acudirán, por grupos, ata o mércores ao Hospital de Fátima, onde lles realizarán unha completa analítica e diversas probas de esforzo.

Os futbolistas celestes adestraranse de luns a domingo, con cinco xornadas de traballo matutino e vespertino e dous cunha soa sesión, o xoves, día no que se exercitarán pola mañá, e o sábado, xornada na que se adestrarán pola tarde xa nas instalacións de Melgaço no inicio dun stage de pretemporada que durará dez días. O domingo haberá unha nova dobre sesión para despedir esta primeira semana de traballo ás ordes de Paco Herrera.

Entre os xogadores que este luns comezan a pretemporada figuran as tres fichaxes do equipo, Quique de Lucas, Joan Tomás e David Rodríguez, ademais dos futbolistas do filial Sergio, Víctor Fernández, Carlos David, Víctor, Mateo, Álex López e Jota.

 

Primer Equipo

[19ª] Levante 0 - Celta 1

47 Lecturas

Levante UD: Oier, Luna, Rober, Postigo, Coke, Doukouré (Bardhi, min.84), Lerma, Campaña (Jason,...

VII premio Manuel de Castro

106 Lecturas

As webs moiceleste.com e elfutbolesceleste.com xunto á Peña Siareiros.net, elixirán ao mello...

Celta B

21ª | Celta B 2 - G. Segoviana 2

51 Lecturas

CELTA: Jero, Riki, Ros, Robert, Pampín, Rai, Dani Molina, Juan Hernández, Drazic, Agus, Dennis (...

20ª | Pontevedra 1 - Celta B 1

111 Lecturas

PONTEVEDRA: Edu Sousa, Juan Barbeito, Jinmy, Goldar, Adrián León, Bruno Rivada, Marcos Álvar...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería