Celta de Vigo.

Volve David Rodríguez

celtavigo.net
Presentación: luns 19 ás 12:00 en Begano - CocaCola (Av de Madrid)
O Real Club Celta pechou a contratación dun dianteiro polo que puxaban un bo número de equipos pola súa xuventude, proxección e calidade. David Rodríguez, quen chega en propiedade dende a Almería, xa xogou, cedido, no equipo vigués hai dous anos e anotou nove goles en Liga e un en Copa.

Nova e ilusionante incorporación para o ataque do Real Club Celta. O club pechou a fichaxe do dianteiro talaverano David Rodríguez, futbolista de 24 anos de idade que achegará velocidade, coraxe e definición nunha zona de ataque que xa foi reforzada con Quique de Lucas e Joan Tomás. [ + ]

 

O Celta realizou un grande esforzo para facerse cos dereitos federativos dun futbolista polo que puxaban varios equipos punteiros da categoría e cuxo desexo de xogar no Celta resultou tamén determinante.

David Rodríguez anotou 14 goles no Salamanca fai tres campañas e nove no Celta na seguinte ano. O ariete formouse nas categorías inferiores do Atlético de Madrid e xogou en equipos como Cidade de Murcia, Las Palmas e Almería, ademais de nos xa mencionados.

Primer Equipo

[37ª] R.Madrid - Celta

325 Lecturas

 ...

[36ª] Celta 1 - Deportivo 1

430 Lecturas

  CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass (Roncaglia, min.89)...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería