Celta de Vigo.

Joan Tomás, a segunda fichaxe

O Real Club Celta pechou a súa segunda incorporación para a próxima tempada, un futbolista cunha gran proxección e polivalencia en ataque, con calidade e gol. Joan Tomás, autor de 8 goles na pasada campaña, é o segundo reforzo celeste procedente do Villarreal B, onde coincidiu con Paco Herrera, técnico co que se mostra moi agradecido. "O proxecto do Celta é moi ilusionante e puxen todo da miña parte para xogar alí", afirmou.

O segundo froito do traballo do club para a tempada 2010/2011 non se fixo esperar. Despois da ilusionante fichaxe de Quique de Lucas, o polivalente xogador de ataque Joan Tomás, é a segunda fichaxe do Real Club Celta, un futbolista que cumpriu de xeito notable a súa tempada no Villarreal B, equipo no que anotou 8 goles a pasada tempada.

 

Trátase dun xogador cunha gran progresión e proxección, polivalente en ataque, con gol e con experiencia en Segunda División, e que chega ao Celta convencido, ilusionado co reto de pelexar polo ascenso.

Joan Tomás Campasol (Girona, 17 de maio de 1985) iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do Espanyol, co que chegou a ser Campión da Copa do Rei Xuvenil, Subcampión da Copa de Campións Xuvenil, e Campión da Liga Catalá na División de Honra Xuvenil. Logrou o ascenso co Alicante a Segunda División tras ser determinante no play off ante a Ponferradina. Posteriormente, foise ao Villarreal B para tamén alcanzar o éxito de subir á división de prata.

Durante a pasada campaña no filial do Villarreal, disputou máis de trinta partidos e consechó 8 goles. Gozou, ademais, dunha nova experiencia debutando co primeiro equipo amarelo en Primeira División.

O dianteiro catalán recala agora no Real Club Celta, equipo co que asinará por dúas temporadas, para emprender unha nova etapa na súa carreira deportiva cargada de ilusión. Joan Tomás, foi ademais internacional coa selección Sub-19.

Fonte: celtavigo.net

 

Primer Equipo

[37ª] R.Madrid - Celta

153 Lecturas

 ...

[36ª] Celta 1 - Deportivo 1

269 Lecturas

  CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass (Roncaglia, min.89)...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería