Celta de Vigo.

Paco Herrera é o novo adestrador

O experimentado técnico barcelonés Francisco Herrera adestrará ao Real Club Celta a próxima tempada. O preparador acaba de pechar unha gran campaña no Vilarreal B e emprenderá no club vigués unha nova etapa na súa dilatada carreira profesional, na que cultivou notables éxitos, traballado coa mirada posta sempre na canteira, e adquirido uns amplísimos coñecementos sobre o fútbol español e internacional. Paco Herrera será presentado como adestrador do Celta nos próximos días.

Tras selar a súa contratación fai unhas semanas e unha vez concluída a competición, Paco Herrera chegará a Vigo nos próximos días para ser presentado como adestrador do Real Club Celta, club elixido polo técnico para emprender unha nova etapa profesional cargada de ilusión. Herrera é un técnico que traballa sempre co obxectivo de impulsar, potenciar e mellorar a canteira, unha das virtudes que o Real Club Celta valorou. [ >>> ler máis]


Francisco Herrera Lorenzo é natural de Barcelona, onde comezou a súa carreira como futbolista no CF Damm. Xogou despois en Sabadell, Sporting de Xixón, Levante e Badaxoz. No conxunto estremeño comezou a súa carreira como adestrador e, tras pasar polas categorías inferiores, conseguiu o ascenso de categoría, a Segunda División, no ano 1992. No cadro pacense compaxinou nos dous anos seguintes o seu labor de adestrador coa de director deportivo.

Asinou despois polo Numancia, de onde se trasladou a Mérida. Tras un novo paso polo Numancia, nesta ocasión en Primeira División, foi adestrador do Albacete, Polideportivo Exido e Recreativo de Huelva, clubs cos que con seguiu meritorios postos na clasificación.

 

 

Tras finalizar o seu ciclo no Recreativo, converteuse en axudante de Rafa Benítez no Liverpool, equipo co que se alzou coa Champions League, Supercopa de Europa e FA Cup. No Liverpool foi segundo adestrador, preparador do equipo de reservas e máximo responsable da rede de observadores.

 

Dous anos logo da súa chegada ao conxunto inglés regresou a España para facerse cargo da dirección deportiva do Espanyol, onde permaneceu outras tres tempadas e gozou da final da Copa da UEFA.

 

A principios do ano 2009 fíxose cargo do banco do Castelló, ao que logrou clasificar na sexta posición da táboa. En febreiro do presente ano tomou as rendas do Vilarreal B, que concluíu na sétima posición da clasificación tras unha espléndida tempada.

Fonte: www.celtavigo.net
 

 

Primer Equipo

[5ª] Celta 3 - Valladolid 3

38 Lecturas

CELTA: Sergio, Roncaglia, Costas, Araujo, Juncà (Júnior, min.59), Okay, Brais Méndez (Beltrán...

[4ª] Girona 3 - Celta 2

40 Lecturas

Girona: Bono, Pedro Porro, Bernardo, Alcalá, Juanpe, Aday (Munisea, min.84),  Douglas Luiz, Gra...

[1ª] Celta 1 - Espanyol 1

79 Lecturas

Celta: Sergio Álvarez (P); Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Junior Alonso; Lobotka, Fran Beltrán,...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería