Celta de Vigo.

Campaña de abonados 2009/10

'Abónate e vive o Celta. Só ti podes entendelo'

O luns día 20, e coincidindo coa volta ós adestramentos do primeiro plantel, o Celta lanza a súa campaña de captación de abonados para a presente campaña 2009/10.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, será o encargado de inaugurar o Celtómetro, un contador no que día a día ser irá actualizando o número de novos abonados. Baixo o lema 'Abónate e vive o Celta. Só ti podes entendelo', iniciarase unha campaña que este ano presenta moitas iniciativas e interesantes novidades para os afeccionados celtistas.



Ademais de Abel Caballero, no acto tamén intervirá Marián Mouriño, Directora da área de Proxección e Mercadotecnia, e o presidente do Celta, Carlos Mouriño. Os dous responsables célticos farán entrega ao alcalde dun carné de abonado VIP, sendo este o primeiro socio en subir ao contador do Celtómetro. Nos seguintes días está programado que outras personalidades reciban o carné VIP, como Pierre Ianni, Director Xeral de PSA Peugeot Citröen 'Centro de Vigo'; Xullo Fernández Gayoso, Presidente do Consello de Administración de Caixanova; ou Gregorio Gorriarán Laza, Director da División Comercial de Caixanova.

Con esta entrega de carnés VIP, o club quere agradecer o enorme apoio recibido por estas institucións e persoas ao longo dos anos, e en especial no éxito alcanzado co proceso concursal.

Ao longo das semanas iranse desvelando multitude de iniciativas e novidades, que seguro resultarán interesantes e do agrado da afección celeste.

[info de celtavigo.net]

 


 

Primer Equipo

[15ª] Vilarreal 2 - Celta 3

23 Lecturas

Vilarreal: Asenjo; Mario, Álvaro, Víctor Ruiz, Pedraza (Funes Mori min.91); Cazorla, Triguero...

[11ª] Betis 3 - Celta 3

252 Lecturas

Betis: Pau López, Francis (Joaquin, min.80), Mandi, Bartra, Sidnei, Junior; Willliam, Guardado, ...

[8ª] Sevilla 2 - Celta 1

247 Lecturas

Sevilla: Vaclik; Carriço, Kjaer, Sergi Gómez; Navas, Sarabia, Banega (Mesa, min.90), Mudo Vá...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería