Celta de Vigo.

26 de decembro

III Trofeo Comando Celta


 

A terceira edición do Trofeo Comando Celta foi para as vitrinas da Agrupación de Antigos Xogadores do RC Celta que venceu na tarde de hoxe por 5-0 á Selección Celeste.

A.A.X. Celta: Emilio, Suso Santomé, Rodolfo, Jorge Santomé, Sindo, Quique, Mauro, Cantarero, Núñez, Lago, Bajcetic, Alves, Ratkovic e Alfonso.

Selección Celeste: Canteirán, Adolfo, Mido, Rivas, Seke, Pokipfi, Davizinho, Uxío, Epi, Angel, JME, Celtadpd, Gzelta, Luis e JES.

Árbitro: Adrián Souto, do colexio de Vigo
Goles: 1-0, p.p.; 2-0, Bajcetic; 3-0, Alfonso; 4-0, Sindo; 5-0, Alfonso.



Crónica (by JES)

Unha primeira parte bastante igualada a pesar de terminar xa cun 2-0. O primeiro gol da Agrupación chegou grazas a un rexeite e o segundo dun bo cabezazo de Bajcetic. A selección celeste tivo as súas 3-4 ocasións na primeira parte pero nin Angel, JME ou Pokipfi lográrono a pesar de telo bastante cerca.

Se xa era difícil lograr romper a defensa da Agrupación e mover un pouco o xogo polo centro do campo (gran traballo de Mido e Uxío) logo estaba baixo paus todo un porteiro chamado Emilio que fixo un gran papel pero sen desmerecer o máis mínimo ao noso, Canteirán, que tivo 2-3 intervencións de mérito na primeira parte, destacando un man a man con Ratkovic que non puido marcar a pesar de verllas o cara a cara con el.

A segunda parte entre os cambios e o desgaste físico foi aínda máis complicado pola nosa banda polo que chegaron outros 3 goles. Aínda que se botou de menos a algún veterán máis, pola ilusión de poder velos xogar tan de cerca, dicir que foi toda unha honra poder compartir un partido de fútbol de xeito conxunto con xogadores do noso equipo que algunha vez viches xogar en Balaídos e gozar co seu xogo desde a bancada. Grazas a todos os que contribuístes a facelo posible.

Incidencias : non houbo amoestacións. Tras un choque de cabeza entre Luís e Bajcetic, este último abandonou provisionalmente o terreo de xogo cun forte golpe no ollo, esperamos que non sexa nada.

Fotos do partido


Primer Equipo

[8ª] Sevilla 2 - Celta 1

66 Lecturas

Sevilla: Vaclik; Carriço, Kjaer, Sergi Gómez; Navas, Sarabia, Banega (Mesa, min.90), Mudo Vá...

[5ª] Celta 3 - Valladolid 3

112 Lecturas

CELTA: Sergio, Roncaglia, Costas, Araujo, Juncà (Júnior, min.59), Okay, Brais Méndez (Beltrán...

[4ª] Girona 3 - Celta 2

108 Lecturas

Girona: Bono, Pedro Porro, Bernardo, Alcalá, Juanpe, Aday (Munisea, min.84),  Douglas Luiz, Gra...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería