Celta de Vigo.

Cultivando celtistas

Opinión - Tribuna Libre

Hoxe meu tío contoume unha historia que me gustaría compartir convosco, porque ademais de que me motivou moitísimo tamén quero ver se consigo sacarlle un sorriso ó foro, que ultimamente parece preocupado demais.

Resulta que este verán decidín encargarme de coidar ós meus curmáns pequenos (de 6 e 4 anos) tódalas mañás, xornada intensiva de 9 a dúas e media nos días laborais máis algunhas tardes extra, erro do que non fun consciente ata o terceiro día de "vixilancia". Ata agora parecérame que todas e cada unha das horas que puidera ter aproveitado durmindo estaban en efecto totalmente desperdiciadas entre moreas de colorines, pezas de Lego, sumas, cadernos de caligrafía e cochiños de xoguete, pero falando co meu tío (seu pai) decateime de que os rapaces si lle sacaron partido ás miñas ensinanzas (modestias aparte). [ler máis]

E é que me estivo contando que por motivos laborais tivo que ir un par de días ó Carballiño e un deses días, mentres lle botaba gasolina ó coche, achegóuselle un tipo que non coñecía máis que de vista para preguntarlle se uns rapaces que vira uns días atrás xogando ó fútbol por alí eran fillos seus (xa non alcanzo a saber que tipo de pescuda fixo para chegar a esa conclusión). Meu tío dixo que seguramente si, e o tipo en cuestión, cunha cara como moi efusiva, díxolle: "é que tiña que dicircho, porque cando os vin alí xogando fun preguntarlles se eran de Cristiano ou de Messi, e me contestaron que nada diso, que eles eran de MOSTOVOI".

Logo contoulle ó meu tio que el levaba a peña do Celta da vila e que naquel momento case lle saltan as bágoas. A sorpresa do meu tío (acérrimo culé de toda a vida) foi se cadra máis grande ca do paisano.

O que ninguén sabía era que tras esa chea de Plastidecor, cochiños de xoguete, cadernos de caligrafía e pezas de Lego estaban os goles dun ruso contra a Real Sociedade, o Benfica, o Madrid, o Barcelona, o Dépor, o Brujas..., os seus regates, as súas asistencias, as súas malas hostias... e os seus empurróns a un equipo que poucos nenos pequenos teñen a oportunidade de coñecer.

Dende agora, os adoutrinamentos matutinos serán máis intensivos.

PD: malia que no fondo sexa unha chorrada, cando falaba co meu tío quedei enchido para toda a semana xDDD

GZelta
16.08.2011

 

Primer Equipo

[5ª] Celta 3 - Valladolid 3

47 Lecturas

CELTA: Sergio, Roncaglia, Costas, Araujo, Juncà (Júnior, min.59), Okay, Brais Méndez (Beltrán...

[4ª] Girona 3 - Celta 2

49 Lecturas

Girona: Bono, Pedro Porro, Bernardo, Alcalá, Juanpe, Aday (Munisea, min.84),  Douglas Luiz, Gra...

[1ª] Celta 1 - Espanyol 1

89 Lecturas

Celta: Sergio Álvarez (P); Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Junior Alonso; Lobotka, Fran Beltrán,...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería