Celta de Vigo.

O chivo expiatorio

Opinión - Tribuna Libre

O que está máis que claro é que a acción de Yoel acadou un efecto: esquecer o partido patético feito por case que todos os xogadores e centralo en si Trashorras corre máis ou menos, se xoga un partido de 20 ou se non está implicado co proxecto. Yoel deste xeito propiciou un chivo expiatorio, según algúns baseándose no seu profundo celtismo, ainda a costa de que esa acción e a imaxe dada deixen precisamente ó clube que el pretende defender á altura do betún.

A mensaxe lanzada, e seguramente recollida polos nosos rivais na loita por eludir o descenso, é que somos dende agora mesmo o obxectivo. Un equipo co vestiario dividido, que ten altercados no campo e nos adestramentos, sen un adestrador que poña orde e carente de esferas superiores que den un puñetazo na mesa e poñan a cada un no seu sitio. E isto é perigosísimo, ainda máis perigoso que a clasificación en sí e os puntos perdidos onte, xa que os rivais marcarannos cunha cruz e virán a por todas contra nos.
[ ler + ]


Entendo que todos desexáramos, xa non empurrar, se non incluso algo máis a Trashorras, pero tamén a Joselu por exemplo, xa que o que fixo onte, e o que ten feito en máis partidos é para mosquearse e moito. Pero Yoel non é un afeccionado, é un profesional que circunstancialmente viste a camiseta do Celta, e mentres o sexa ten que aterse a unhas normas e unha conduta propias de calquera empresa e ainda máis nun equipo. Será todo o celtista que queirades, pero non cando xoga. Aí o que ten que ser é profesional. Para berrar, insultar, etc, xa está a afección e para chamar á orde ou pedir responsabilidades o adestrador.

 

Aínda peor é a discriminación que fai ó sinalar coma responsable único e exclusivo a Trashorras,  xa non pola xogada do gol, se non porque ainda quería ir por el o rematar o partido, cando outros, coma Joselu coma xa dixen antes, arrastráronse polo campo coma almas en pena... pero non, como é coleguita, aí guardamos o celtismo e imos a por outro. Outra vez lamentable.

Tamén e curioso escoitar e ler que esta acción é semellante ó acontecido entre Patxi Salinas e Mostovoi en Xixon, é decir, que o capitán dun equipo vaia a buscar ó banco a un xogador que marchou do campo no medio dun partido, o obrigue a voltar a xogar e lle recrimine a súa acción parécelle o mesmo que un canteirán de vintetantos anos logo de recibir un gol percorra medio campo para recriminarlle ó capitan do equipo a empurróns que non tivese feito máis...o mesmiño, vamos.

En fin, que o único perxudicado de todo esto é o Celta, única e exclusivamente, pero claro, como é o que fariamos todos, está ben feito...

Pos vale... así nos vai...
 

Amergin
25.04.2010


Queres publicar o teu artigo de opinión en delcelta.com? Envíao a canteiran[a]siareiros.net xunto cos teus datos personais [nome, apelidos, 'nick'  e DNI]

delcelta.com resérvase a decisión da publicación dos artigos recibidos. As opinións publicadas son responsabilidade exclusiva dos seus autores.

Primer Equipo

[5ª] Celta 3 - Valladolid 3

47 Lecturas

CELTA: Sergio, Roncaglia, Costas, Araujo, Juncà (Júnior, min.59), Okay, Brais Méndez (Beltrán...

[4ª] Girona 3 - Celta 2

49 Lecturas

Girona: Bono, Pedro Porro, Bernardo, Alcalá, Juanpe, Aday (Munisea, min.84),  Douglas Luiz, Gra...

[1ª] Celta 1 - Espanyol 1

89 Lecturas

Celta: Sergio Álvarez (P); Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Junior Alonso; Lobotka, Fran Beltrán,...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería