Celta de Vigo.

Tribuna Libre

A morte dun sentimento

Opinión

Xá case amenceu, e coma tantas outras veces -os que teñan padecido insomnio saberán ben do que falo- estou xa completamente aburrido de dar voltas na cama, e, en lugar ficar na escuridade agardando o novo día, decido levantarme, coa esperanza de que, comendo algo e distraéndome un pouco quizais poida voltar a cama e descansar un chisco. Polo menos hoxe é domingo e non toca ir o choio, andar coma un zombie non resulta tan sangrante. Así é coma remato entrando eiquí, e aproveito para poñerme un pouco o día; últimamente xa non me paso tanto coma antes, sigo participando, pero sendo consciente de que dende sempre fun máis lector que redactor, doume de conta de que a cousa nos derradeiros tempos ten cambiado; o mellor só escribo un pouco menos, pero si que leo moito menos do que acostumaba. No medio da semana, demasiado traballo, na fin de semana, quizais demasiados sinsabores relacionados co que é o grande tema de fondo deste sitio. [ ler + ]


Póñome a ler e vexo que estamos coma estamos, alén dos resultados. O foro é un reflexo do estado de ánimo do Celtismo. A imaxe non pode ser completamente nítida, só unha pequena parte da afeción se reune aquí, pero si que da unha moi aproximada idea de cómo andan os ánimos realmente, e o panorama, o certo é que non é moi alentador. Haber, hai de todo, pero un atopa cousas que non lle gustan ver, máis aló dos típicos encontroazos. Demasiado tempo levamos sen levantar cabeza, demasiado tempo. Respírase tensión. Creo que todos aquí –case- somos persoas normais, con máis ou menos aburridas vidas normais. Non temos necesidade ningunha de levar disgusto tras disgusto nin pao tras pao, pero inda así seguimos apoiando ao equipo na medida que podemos, e seguimos facendoo porque sentimos amor por unhas cores e por uns símbolos. Sé se tratara de simplemente subirnos o carro dos éxitos pois en lugar de ser do Celta iríamos cambiando segundo a moda dictase: Barcelona, Madrid, ou o que cadrase.

Creo que non procede analizar eiquí o que nos ten levado a isto, xa hai fios de sobra por ahí repartidos, fios nos que nós, que compartimos algo que nos une, como o é ese sentimento o que antes me refería, dedicámonos a lanzar chumbo dialéctico uns por riba dos outros. E o peor de todo é que vai ser complicado, moi complicado, superar completamente todas esas suspicacias e rancores, máis ainda se non levamos ningunha alegría e seguimos coleccionando decepcións. Seguiremos o pe do canón, pero cada vez somos menos e a nosa desesperanza é mayor. Os sentimentos tamén morren, seríamos anormais se isto non ocorrese. Cada cada un ten o seu propio umbral de resistencia antes de mandar as cousas o carallo, pero as cousas están moi costa arriba. Penso que estamos –ou mellor, están, nós nin xogamos nin controlamos o equipo- forzando este límite demasiado. Precisamos cousas novas, a situación xa está apodrecendo. Lamentablemente ser Celtista, hoxe por hoxe, é case sinónimo de estar triste, polo menos no eido futbolístico. Que isto remate xá, eu quero desfrutar co Celta, non flaxelarme.

Céltico no exilio



Primer Equipo

[19ª] Levante 0 - Celta 1

74 Lecturas

Levante UD: Oier, Luna, Rober, Postigo, Coke, Doukouré (Bardhi, min.84), Lerma, Campaña (Jason,...

Celta B

21ª | Celta B 2 - G. Segoviana 2

74 Lecturas

CELTA: Jero, Riki, Ros, Robert, Pampín, Rai, Dani Molina, Juan Hernández, Drazic, Agus, Dennis (...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería