Celta de Vigo.

A vergoña viste de celeste

Opinión - Tribuna Libre



Unha semana máis -¿e cantas van?- sufrimos nas nosas carnes a amargura da derrota. O peso da amenaza do descenso está instalado sobre as nosas costas e a decepción é unha palabra habitual nas bocas dos celtistas. Creo que todos, despois de escoitar o gol do empate do Salamanca, sentimos un escalofrío e intuímos que pasaría o que pasou ó final… cada partido do Celta convírtese nun ‘déjà vu’. [ + ]

 


A debilidade mental do noso plantel vese partido tras partido e ninguén é capaz de tomar o mando nos momentos difíciles. Eusebio Sacristán foi o home escollido para sacar este equipo a flote e, ata o de agora, non fixo máis que afundilo na clasificación cunha pobre bagaxe de só 3 puntos en 5 encontros.

Sr. Mouriño: ¿non é hora de que publicamente chame a atención a tanto desvergoñado que viste a nosa camiseta? ¿non é hora de recoñecer os erros propios na área deportiva? ¿non é hora de abrir os ollos e analizar onde se atopa o principal atranco deportivo deste club?

 

Primer Equipo

[34ª] Celta 1 - Valencia 1

86 Lecturas

  CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez (Tucu Hernández, min.72), Roncaglia (Fon...

[33ª] Celta 2 - Barcelona 2

50 Lecturas

  CELTA: Sergio, Wass, Sergi Gómez, Roncaglia, Jonny, Lobotka, Brais Méndez (Boyé, min.8...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería