Celta de Vigo.

E agora que?

Opinión - Tribuna Libre

Quixeramos ter tocado fondo a pasada xornada fronte ó Eibar pero non foi así. A visita a Tenerife sumou un novo episodio negativo no triste andar deste noso equipo pola 2ª división nacional. A aliñación inicial de Pepe Murcia sorprendía a propios e estranos: estrea do canteirán Jordi no lateral esquerdo (perdeu a confianza o adestrador en Roberto Lago?); un trivote no medio campo formado por Oubiña, Michu e Vila; e a presencia de Trashorras que non xogada de titular dende o partido contra o Xerez. [ + ]

A pretendida eficacia do rácano prantexamento de Pepe Murcia desmontouse axiña, desfíxose como un castelo de naipes: no minuto 10 xa tiñamos dous goles no peto. Unha vez máis – e cantas van? - o equipo volveu a dar unha imaxe lamentable, sen ambición e sen ideas. A sufrida afección está a soportar con enteireza a debacle e sofre xornada a xornada os despropósitos dos xeus dirixentes, xogadores e técnicos. Pero creo que xa chegamos ó límite do aguante e agardamos que dende Praza España recollan o malestar dos siareiros e traten de endereitar o rumbo desta nave que navega ó pairo.
 

 

Primer Equipo

[18ª] Celta 1 - Athletic 2

80 Lecturas

Celta: Rubén; Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Juncà; Lobotka (Pione Sisto, min 62), Beltrán (Hj...

[17ª] Barcelona 2 - Celta 0

201 Lecturas

Barcelona: Ter Stegen; Semedo, Piqué, Lenglet, Alba; Busquets (Aleñá min.85), Rakitic, Vida...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería