Celta de Vigo.

As chapuzas dos chinos

Despois dunha morea de anos ligados a empresa británica Umbro o Real Club Celta asinou un contrato coa empresa chinesa Li-Ning para a confección de toda a roupa deportiva do club. A novedosa presentación fíxose a bordo do trasatlántico ‘Independence of the Seas’ e alí déronse a coñecer as novas equipacións onde chamou a atención a 2ª equipación que era totalmente negra, somentes adornada con pequenos detalles en celeste.

Os primeiros problemas coa empresa chinesa comezaron co inicio da competición xa que na tenda oficial do club non se dispoñía de ningunha prenda para a venda. Alá polo 23 de setembro chegaron os primeiros lotes de roupa de xeito limitado, tanto en cantidade como en tamaños, que de seguido quedou esgotado. Esta primeira entrega semella que aínda tiña un aceptable nivel de calidade, tanto no material das prendas como nos acabados (bordados, serigrafía, etc).
[ ler máis ]


Coa chegada das festas de Nadal a demanda de roupa subíu considerablemente pero os niveis de calidade baixaron proporcionalmente: serigrafías torcidas, bordados arrugados, telas enganchadas, defectos nas costuras, fíos soltos por todas partes, e un longo etcétera de irregularidades que desilusionaron ós afeccionados que teñen que, cando acuden a tenda, escoller as prendas que non teñen taras ou defectos.

 

Agardamos que o Real Club Celta tome medidas ó respecto e que, por un lado, non poña á venda as prendas defectuosas e as devolva ó fabricante, e por outro que reclame á firma chinesa que o material que sirva a partires de agora teña a debida calidade.


 

Primer Equipo

[19ª] Levante 0 - Celta 1

47 Lecturas

Levante UD: Oier, Luna, Rober, Postigo, Coke, Doukouré (Bardhi, min.84), Lerma, Campaña (Jason,...

VII premio Manuel de Castro

106 Lecturas

As webs moiceleste.com e elfutbolesceleste.com xunto á Peña Siareiros.net, elixirán ao mello...

Celta B

21ª | Celta B 2 - G. Segoviana 2

51 Lecturas

CELTA: Jero, Riki, Ros, Robert, Pampín, Rai, Dani Molina, Juan Hernández, Drazic, Agus, Dennis (...

20ª | Pontevedra 1 - Celta B 1

111 Lecturas

PONTEVEDRA: Edu Sousa, Juan Barbeito, Jinmy, Goldar, Adrián León, Bruno Rivada, Marcos Álvar...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería