Celta de Vigo.

Caixanova - Facenda - Concello

A trepia celeste

Noticias - Club

Ó redor dunha mesa é onde se deben pulir as diferenzas e non nos medios de comunicación como estiveron a facer, unha vez máis, Abel Caballero e Santiago Domínguez. A convocatoria está fixada para o venres 30 e a esa mesa asistirá, ademais dos máximos responsables da bicefalia municipal, o presidente céltico Carlos Mouriño. Esa terna de interlocutores deberá poñerse de acordo para que o convenio entre Concello e Celta se asine, condición inexcusable para que o plan de viabilidade da entidade celeste frutifique. [ + ]

 


Mais o acordo non semella fácil xa que Caballero e Domínguez manteñen diferenzas. Por un lado os socialistas móstranse conformes a ampliar o actual convenio mentres que os nacionalistas entenden que o Concello debe recibir contraprestacións por ceder as instalacións e pola explotación dos locais comerciais de Balaídos e da publicidade estática.

A trepia sobre a que se sosterá a viabilidade celeste –Caixanova, Facenda e Concello- deberá ser sólida e estar ben asentada porque delo dependerá o futuro do noso Real Club Celta. O convenio con Caixanova está pechado e pendiente de asinarse, coa Facenda agárdase que estea preparado na semana próxima e o acordo co Concello dependerá do que Caballero, Domínguez e Mouriño acorden o venres.

 

Primer Equipo

[37ª] R.Madrid - Celta

175 Lecturas

 ...

[36ª] Celta 1 - Deportivo 1

293 Lecturas

  CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass (Roncaglia, min.89)...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería