Celta de Vigo.

22 de febreiro

Celtista solidario = Sangue celeste

Noticias - Editorial

Doa sangue, algún día podes ser ti quen a necesite

 



A Fundación Celta e o Centro de Transfusión de Galicia solicitan a colaboración dos afeccionados e o público en xeral dentro da campaña de doazón de sangue "Sangue Celeste". O venres 22 de febreiro, o autobús do CTG instalarase nos arredores da bancada de Tribuna do Estadio de Balaídos entre as 15:30 e as 21:00.

A necesidade de transfusións é constante e o sangue ten data de caducidade. Por iso, é moi importante que as doazóns se produzan de maneira regular. Grazas á colaboración dos cidadáns neste acto altruísta, o Centro de Transfusión de Galicia pode asegurar a cobertura hemoterápica aos enfermos da nosa comunidade.

A Fundación Celta anima a todas as persoas a demostrar a súa solidariedade participando de forma desinteresada en en esta campaña. Cada participante que realice unha doazón de sangue recibirá unha camiseta e unha piruleta como obsequio pola súa inestimable colaboración.

-> Anótate
 

Primer Equipo

[37ª] R.Madrid - Celta

153 Lecturas

 ...

[36ª] Celta 1 - Deportivo 1

269 Lecturas

  CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass (Roncaglia, min.89)...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería