Celta de Vigo.

25ª xornada

Celta B 2 - Deportivo B 0

Noticias - Celta B




Emocionante o encontro disputado no municipal de Barreiro que contou cunha nutrida presencia de público. Na primeira xogada do partido Alba e un dianteiro rival chocaron coas cabezas quedando ambos tendidos no céspede, tendo que ser retirado en padiola o xogador céltico. Ainda que minutos despois Alba retornaría ó campo sería substituído por Aitor.


Ferrán protexe un balón ante a defensa deportivista


Encarrilou enseguida o encontro o Celta B cun forte disparo de Jordi dende fóra da área que entrou pegado ó pau dereito de Manu. O partido collería outro guión a partires do minuto 38 cando Oriol foi expulsado por unha rigurosa segunda tarxeta amarela. O filial deportivista quixo botarse adiante pero topouse, por un lado co magnífico traballo de presión exercido por todo o equipo celeste, e por outro co gardameta Yoel que evitou tres goles que xa se cantaban na bancada. Cando os deportivistas intentaban á desesperada o tanto do empate chegou a puntilla definitiva co gol de Ferrán no minuto 86. [ + ]


CELTA B: Yoel, Alba (Aitor 13'), Jordi, Tíñez, Richi Hidalgo, Ferrán, Aicart, Pedro (Joselu 79'), Candela, Iago Aspas (Mateo 63') e Oriol.

DEPORTIVO B: Manu, Seoane, Sergio Benito, Juanan, Castillo, Rochela (Hugo), Chirri, Dani (Nacho), Aridane, Juan e Carril (Iván Pérez)

ÁRBITRO: González Fuertes (colexio asturiano). Expulsou por dobre amarela a Oriol (41') e amonestou a Joselu, Sergio Benito, Rochela e Nacho.
GOLES: 1-0, min.14  Jordi; 2-0, min. 86 Ferrán.


Próximo partido:

Domingo 22 de febreiro - Santander

Primer Equipo

[37ª] R.Madrid - Celta

175 Lecturas

 ...

[36ª] Celta 1 - Deportivo 1

293 Lecturas

  CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass (Roncaglia, min.89)...

Xogador temporada

Failed to get Items, check your parameters!

Opinión

Galería